domingo, 16 de xuño de 2013

E si concursamos?

 Por que non? Por intentalo, que perderemos? Iso foi o que escoitei dende o meu observatorio na clase.

Tiñan que poñer a imaxinación a matinar e escribir micropoemas e microrrelatos cunha única condición: deberián utilizar a palabra "norte".

Que rima con norte? -escoitaba eu.

Picaporte, morte, sorte, corte... Pouco a pouco ían aparecendo palabras.

Agora intentaban compoñer con elas un "micropoema". Era á súa primeira vez.

Que difícil! A min non se me ocorre nada! Ti que fixeches?... Asi xurdiron estas ideas...


De repente escoitamos: Temos un poeta na clase!





Xeados, xeados, xeados
de cores son:
verdes, vermellos, amarelos.
Norte de cores.





Tal que iso parecía. Menuda metáfora! Xeado... norte..

Mais non soamente poetas. Que pensades deste microrelato?














































Será algún día unha novelista de sona mundial?

Ningún comentario:

Publicar un comentario