Os alumnos de segundo escribiron e crearon fábulas.
A fábula é unha composición literaria breve, de ficción, na que os personaxes son animais ou cousas que case sempre presentan características humanas como o falar. Estas historias conclúen cun ensino ou sentenza de carácter instrutivo, que adoita figurar ao final do texto.
As súas fábulas tiñan dúas condicións moi especiais:
- Empregaron a palabra EIVA. Que segundo o dicionario da RAG é “Aquilo que fai que algo ou alguén non sexa como debe ser, ou non se considere bo ou perfecto.”
- Os animais que protagonizan os relatos son seres mitolóxicos como o grifón unha criatura mitolóxica, coa parte superior dun aguiaxigante, con plumas douradas, pico afiado e poderosas garras, e a parte inferior dun león, con pelaxe amarela, patas musculosas e cola.
Estas fábulas presentáronas a o concurso de Microrrelatos do Umia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario