sábado, 17 de xuño de 2017

OS PAXAROS DO PATIO

Os alumnos de primeiro sempre andan con gañas de saber...e nesta ocasión querían saber sobre os paxaros.
E o tempo prestábase para observar paxaros no contorno...😍

O primeiro que fixeron foi preguntar nas casas que paxaros podíamos ver por Moraña.

Xa tiñamos por onde empezar, e decidiron investigar por parellas os paxaros que andaban polo patio: buvela, peto, miñato, merlo...
Para saber máis destas aves fixeron un caderno de campo con diferentes datos: nome científico, cores, peso, tamaño, alimentación, si son migratorias e en que parte do mundo viven...
Buscaron en Internet e en guías de paxaros.


Isto foi o resultado.



 

Con todos estes datos xa estabamos preparados para observar paxaros no patio. Como lles gustou tanto o tema recolleron plumas e niños para o nosos mural...


E cando fomos as illas Ons observamos cormoráns e gaivotas. E descubrimos que as gaivotas son unhas aves un pouco ladroas...colléronos o bocadillo...e ata uns pantalóns....jjjjj

Ningún comentario:

Publicar un comentario