sábado, 17 de xuño de 2017

AGASALLO NAIS

Resulta que o primeiro domingo de maio era o día da nai e os nenos e nenas de primeiro quixeron facerlle un agasallo ás súas nais.
Para a ocasión, deseñaron uns fermosos marcos dourados nos que colocaron unha fotos coas súas naiciñas. Para completar o regalon escribíronlle un poema de Gloria Fuertes dedicado a súa nai...




Quisiera ser calamar,
para escribir con mi tinta
una carta a mi mamá
 


E meteron todo dentro dun colorido sobre decorado por eles mesmos.

A min gustoume tanto a idea que tamén lle fixen un a miña nai...

Ningún comentario:

Publicar un comentario