Nesta ocasión os nenos de 2º levaron acabo un novo experiemento no seu recuncho científico.
Esta experiencia vai axudarnos entender como as plantas absorben auga e se distribúe
a través do talo a todas súas partes.
Os materiais que se precisan son:
ÍTEM
|
CANTIDADE
|
Pequenos frascos de vidro
|
5
|
Auga
|
1
litro
|
Colorante alimenticio
|
4
tubos de diferentes colores.
|
Margaridas brancas.
|
5
|
Proposta
de investigación
|
1 por
grupo
|
Guía
do estudante
|
1 por
estudante
|
- Encher cinco vasos de vidro transparente con auga un pouco máis da metade.
- Colócase unhas cantas pingas do colorante alimentario en cada un dos vasos; usar cor distinta en cada vaso. Deixamos un vaso sen colorante.
- Cortar os tallos das margaridas en diagonal, tendo presente que cada tallo debe medir aproximadamente 15 cm. para que poida apoiarse no fondo do vaso e a flor sobresaia,logo colocalas no vaso e deixalas repousando uns días.
As fases do experimento son as seguintes:
FASE
|
NOME
|
TEMPO
|
FASE 1
|
Preparar
frascos coa auga
|
5
minutos
|
FASE 2
|
Facer
hipóteses sobre o que pode suceder e recollelas por escrito.
|
20
minutos
|
FASE 3
|
Observar
de forma diaria a evolución das flores. Apuntar por escrito os
datos máis destacados.
|
5
minutos tódolos días ( durante 2 semanas)
|
FASE 4
|
Sesión
de argumentación no grupo clase entre todos os alumnos e alumnas.
|
50
minutos
|
FASE 5
|
Redactar
un pequeno texto expositivo no que se reflicta a conclusión xeral
resultado das observacións diarias e do debate na aula. Colocar
o texto xunta as flores, como explicación do experimento.
|
50
minutos
|
FASE 6
|
Exposición
a outra clase de como realizamos o experimento, das observación
e das evidencias extraídas.
|
50
minutos
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario