Nesta ocasión os nenos de 2º levaron acabo un novo experiemento no seu recuncho científico: Xerminaron sementes!!!!!
Os materiais que se precisan son:
ÍTEM
|
CANTIDADE
|
Pequenos frascos de vidro
|
1 por neno
|
Algodón
|
1 paquete
|
Garavanzo
|
1 por neno
|
Espiga de millo
|
1
|
Taper transparente
|
1
|
Auga
| 1 vaso |
- Limpar o recipente e humedécese ben o algodón.
- Introdúcese no mesmo o garavanzo aínda que sen quedar do todo encerrado pois necesitamos que quede visible.
- Introdúcese o algodón co garavanzo no recipiente e déixase repousar uns días, xunto a unha xanela.
- Ao cabo de moi poucos días veremos como do garavanzo empeza a saír un talo que sobe, así como unhas pequenas raíces. Xa temos a planta.
Tamén xerminaron unha espiga de millo:
As fases do experimento son as seguintes:
FASE
|
NOME
|
TEMPO
|
FASE 1
|
Preparar frascos cos garavanzos
|
5 minutos
|
FASE 2
|
Facer hipóteses sobre o que pode suceder e recollelas por escrito.
|
20 minutos
|
FASE 3
|
Observar de forma diaria a evolución dos garavanzos. Apuntar por escrito os datos máis destacados.
|
5 minutos tódolos días ( durante 2 semanas)
|
FASE 4
|
Sesión de argumentación no grupo clase entre todos os alumnos e alumnas.
|
50 minutos
|
FASE 5
|
Redactar un pequeno texto expositivo no que se reflicta a conclusión xeral resultado das observacións diarias e do debate na aula. Colocar o texto xunta as plantas, como explicación do experimento.
|
50 minutos
|
FASE 6
|
Exposición a outra clase de como realizamos o experimento, das observación e das evidencias extraídas.
|
50 minutos
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario