martes, 10 de maio de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

Os nenos de segundo durante este curso teñen  mochilas viaxeiras.
Sabedes o que son as mochilas viaxeiras? Pois son unhas mochilas que cada semana viaxan a casa dun neno diferente. Viaxa de casa en casa e, despois de ler os libros que contén, de visualizar os DVD que posúe ou de mergullarse na poesía que nos oferta, toda a familia expresa as súas sensacións de ese intre familiar, cálido e de compartir tempo cos máis pequenos da casa. 

Dentro delas hai unha selección de  diferentes libros:
  • Un conto- audio
  •  Un cómic
  • Un libro de animais
  • Un libro de manualidades
  • Unha revista
  • Un DVD
  • Un CD de música
Cada  mochila viaxeira leva dentro un caderno no que escriben a súa opinión sobre o contido, sobre a actividade, sobre como é a acollida da mochila na  súa casa, como a usan, se a disfrutan...  
Estas  son algunhas desas opinións.
Grazas a todas as  familias pola súa acollida
Prometemos continuar traballando  para seguir facendo lectores,  porque unha persoa que le ten a oportunidade de ser máis sabia, máis libre e, polo tanto, máis feliz.




Ningún comentario:

Publicar un comentario