Paseando polo patio do recreo, tomando a miña merenda de crêpe a la fabé (fabé = a faba de toda a vida), sentín unha estrana sensación que comezaba nas orellas, seguía polo meu lombo ata as dedas.
Eran unhas cóxegas moi suaves como cando as folerpas caen sobre o noso nariz. Cando miro ao meu redor, chovía follas, grandes e pequenas, de todo tipo.
Que espectáculo! Decidín gardar algunha de recordo e a mestra suxeríume que averiguara o nome destas bonitas follas.
Mirade que preciosas son!
Ningún comentario:
Publicar un comentario