Que pasou antes ou despois? Para telo claro elaboraron varias liña de tempo.
Unha liña persoal na que reflectiron os seus crecementos e logros.
Para facelo o que fixeron primeiro foi situar nunha liña horizontal os anos e a idade comezando polo seu nacemento. Buscaron fotografías e situáronas na posición apropiada. Ademais incluíron unha breve descrición do evento importante sucedido ese ano: aprender a camiñar, a ler, a chegada dun irmá ou irmán...
Tamén elaboraron unha liña do tempo dos inventos. Nel ordenaron os inventos de máis antigo a máis moderno. Os inventos elixidos foros: A electricidade, a televisión, o teléfono móbil e o Internet. Nel recolleron unha breve descrición do invento.
E aquí vos deixo a relación entre as tarefas, actividades e exercicios.
4
Ningún comentario:
Publicar un comentario