ENTREVISTA A AITANA E LARA
VALENCIA
Os nenos e nenas de 5ºA fixéronlle unha entrevista a Aitana e Lara , as primas de Catuxa.
Aitana é a maior, ten 10 anos, e é da nosa idade, e Lara ten 8 anos. Tamén
teñen unha irmá pequena chamada Vega, que ten 3 anos, a súa nai
Begoña ten 42 anos, e o seu pai Andrés 45 anos.
Eles viven nunha casa en Torrente, na costa Mediterránea, nos arredores da cidade de
Valencia.
Alí teñen clima mediterráneo,os invernos son suaves e os veráns calorosos.
Hai moitos sitios para visitar, por exemplo a Cidade das Artes e as Ciencias onde hai un edificio de cine 3d, outro é o museo onde podes facer experimentos e logo o outro edificio é o Oceanografic que é como un acuario.
Outros lugares para visitar son o Miguelete, as Torres de Serrano, a Albufera ou as súas inmensas praias.
A comida típica de alí son
os arroces pero o mais coñecido é a paella, tamén o allipedre, que é un guiso de anguila e ,a froita por excelencia, a laranxa.
Na comunidade Valenciana goberna Ximo Puig.
As rapazas viven alí porque naceron alí, e a nai vive alí porque aprobou as oposicións para profe en Toledo, e alí coñeceu a Andrés que vivía en Valencia, marcharon para Valencia,casaron e tiveron fillos.
Begoña leva fora de Moraña desde 2004 pero en Valencia desde 2008.
Ela traballa de profesora de matemáticas nun instituto e Andrés nunha fábrica de cintas de embalar.
En principio eles vanse a quedar a vivir alí a non ser que as rapazas cando sexan maiores marchen de Valencia.
A Aitana gústalle facer deporte e tirar petardos en fallas, e a Lara gústalle patinar e tamén tirar petardos en fallas.
Elas teñen morriña de ver a súa familia,de estar en Galicia e de estar nas fallas xa que co covid non as puideron celebrar.
Tamén vos estaredes preguntando que son as fallas. Son unha festa moi grande en Valencia en que en cada falla (hai 380 fallas por toda Valencia)hai un edificio chamado O Casal, onde durante todo o ano fan actividades pero en fallas están case todo o día alí. En fallas constrúese unha estatua chamada Ninot que o día 19 quéimana.
Tamén en cada falla hai unha fallera maior que é como a xefa das fallas. Das 380 fallas elixen 13 falleras maiores, e unha de elas é a fallera maior de Valencia, que vai a actos ata no estranxeiro. E como non, en fallas e tradición tirar petardos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario