martes, 5 de maio de 2020

TABÚ

Hoxe, propoñémosvos xogar ao TABÚ. Consiste en facer adiviñar ao noso equipo unha palabra pero sen dicir as palabras tabú.

Regras:

  1. Divídese aos xogadores en dous equipos.
  2. Elíxese un xogador para describir a palabra e a outro xogador, do outro equipo, para vixiar que non diga as palabras tabú.
  3. O xogador colle unha tarxeta para describir a palabra.
  4. Non está permitido a mímica.
  5. Altérnanse os xogadores e os equipos cada vez que se acaba de describir unha palabra.
Aquí tedes algún exemplo de tarxeta para que as fagades na casa, pero hai infinitas posibilidades. Utilizade a imaxinación para crear as vosas propias!


Ningún comentario:

Publicar un comentario