martes, 28 de abril de 2020

Xogo en familia: TUTIFRUTI!

Estimadas familias, 
O xogo que vos propoñemos esta semana chámase TUTIFRUTI, seguro que xogástedes algunha vez! 

Que precisamos? Un folio en branco e un lapis/bolígrafo/rotulador...

Como se xoga? Cada xogador, no seu folio irá creando columnas, ás que lle poñerá os seguintes títulos: letra (anótase a letra que sae elixida), nome, apelido, lugar, animal, cor, cousa, puntos (puntos que acada a persoa).

Quedaría algo así:


  • Un dos xogadores comeza a recorrer o abecedario en orde, e só di en voz alta a letra "A", para iniciar o recorrido. 
  • O xogador da súa esquerda dirá "BASTA" en calquera momento. Aí é cando o xogador que estaba pensando no abecedario parará e dirá en voz alta a letra na que quedou. 
  • Esa é a letra que se usará na ronda. 
  • Dende ese momento, todos os xogadores comezarán a completar as súas columnas con palabras que comecen por esa letra. 

Unha palabra pode ter 4 puntuacións diferentes:
  • 15 puntos: se foches o único que escribiu algo nesa columna. 
  • 10 puntos: se a túa palabra é única na mesa (outros escribiron algo diferente).
  • 5 puntos: se alguén escribiu o mesmo ca ti nesa columna. 
  • 0 puntos: se non escribiches nada.

Listos para xogar, que gañe o mellor!

Ningún comentario:

Publicar un comentario