mércores, 22 de abril de 2020

Ovo de Pascua, instrumento musical e regletas

Propoñémosvos estas actividades de Enzo e Fabio de 1ºB para pasar o tempo:

 1. Ovo de Pascua


  

      Necesitas:
      - unha pinza da roupa,
      - cartón e folio,
      - ceras, tesoiras e pegamento.
  
  


Debuxa no cartón un ovo e recórtao. Agora córtao pola metade facendo picos para imitar un ovo roto. Despois debuxa un poliño nun folio; píntao e recórtao.
Por último, pega a parte inferior do ovo na parte inferior da pinza e a parte superior do ovo na parte superior da pinza, de tal forma que, ca pinza pechada, o ovo estea enteiro. Só queda pegar o poliño por detrás do ovo.


2. Instrumento musical




Necesitas:
- un envase vacío de iogur,
- 2 gomas elásticas.

Con axuda dun adulto, fai dous buratos a cada lado da parte superior do envase de iogur e ata neles os extremos dunha goma elástica. Agora fai dous buratos a cada lado da parte inferior do envase de iogur e ata neles os extremos dunha goma elástica. Xa tes o teu instrumento musical!


3. Regletas




As regletas non só sirven para as mates, tamén podemos facer arte con elas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario