Os nenos e nenas de 2º están a facer un estudio do corpo humano, para elo, están elaborando un lapbook, no que reflexarán todo o que aprenderon sobre ósos, músculos, articulacións e órganos.
A medida que aprenden novas cousas, as incorporan cada un, no seu lapbook, éste é unha especie de "libro" desplegable, no que de xeito visual e creativo pódese traballar sobre calquer tema escollido.
Ten unha parte lúdica, onde os nenos e nenas xogan a colocar algúns órganos e articulacións no seu lugar correcto. Ten unha parte informativa, onde recollen información que aprenderon sobre cada parte, e ten unha parte esquemática, no que se expón os nomes dos ósos e músculos que aprenderon.
Esta actividade ten unha última parte que realizarán na casa coas suas familias, cada un fará unha pequena investigación sobre unha parte ou un elemento do corpo, (pelo, uñas, riles...) e con esta información fará a portada do seu lapbook, despois cada un exporá aos compañeiros a sua parte, amosando a sua portada, contando que é, e para que sirve. Estou desexando que chegue esta parte!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario