Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Afírmase que polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño para pórlles dentro candeas, e esta tradición, conservada en Irlanda, puido ter sido exportada aos Estados Unidos de América polos irlandeses coas migracións a este país no século XIX e comezos do XX. De ser así, a tradición tería continuidade nas festas de Halloween, do que sería o seu precedente, nunha adaptación do samaín na cultura estadounidense, semellante a un entroido, na que os nabos foron substituídos por grandes cabazas. Co paso do tempo, a influencia cultural estadounidense no resto do mundo conseguiu que o Halloween regresase a Europa para converterse nunha festividade cada vez máis popular.
No Cpi Santa Lucía os alumnos de primeiro vivimos o Samaín.
Fixeron unha chea de actividades:
Celebraron unha festa o venres 28 de outubro. E para que a ninguén se lle esquecera fixeron invitacións para a festa que intercambiaron entre a clase de A e B. Primeiro fixeron un sorteo para ver quen lle tocaba e despois con moito mimo e coidado escribiron, recortaron, picaron, dobraron e decoraron as invitacións.
Xa as tiñan preparadas e xa por último intercambiáronas. Que ilusión lles fixo recibir unha INVITACIÓN!!!
E para prepara a festa só faltaba decorar o cole: fixemos unha cabazas con pintura e unha MAZÁ e decoramos as portas coas nosas fotos. Que ben quedou.
E xa tiñamos todo preparado para o venres 28 de outubro. Trouxemos as nosas cabazas, os postres terroríficos e o disfraz de medo.... Que ben o pasamos!!
E para rematar ese día a cabaza de Adrián Ferrín García levou o premio á cabaza máis creativa..Parabéns!!!! Alegrámonos moito por ti!!!
Neste video podedes ver algúns dos momentos máis deestacados da festa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario