E como a vida está chea de letras fan moitas actividades coas letras.
Pola mañá na asamblea poñen a data, len o menú e o horario, xogan as palabras encadenas...
E ademáis fan diferenten escritos para organizarse mellor.
Por exemplo un día elaboraron un menú coas merendas saudables do recreo. Van a poñelas nas neveiras das súas casas par así non esquecerse da merenda que toca cada día. Tamén me fixeron un para min porque a veces teño tantas cousas na cabeza que me despisto..
Outro día elaboraron o horario escolar para levar para a casa. Así non se van a esquecer de meter os tenis na mochila cando teñen educación física.
E como non, en ocasións pintan, escriben, repasan letras, forman palabras...en nada xa están todos lendo e escribindo minúsculas.
Mmmm... que fame me está a entrar... aínda bó é que eles nos escribiron o menú para lembrárnolo. Agora xa non se esquece ninguén.
ResponderEliminar