O 20 de xuño fomos de visita ao menhir de San Martiño de Gargantáns.
Consiste nunha pedra colocada en posición vertical, típica construción da cultura megalítica do NO europeo e cuxa función exacta se descoñece. Relaciónana con signos funerarios, relixiosos ou conmemorativos, antigas lindes territoriais entre tribos ou tamén hai quen afirma que puidese ser un monumento dedicado ao sol.
Está situado na parroquia de Gargantáns, nunha zona de importantes restos arqueolóxicos. Este menhir seccionado que pode datarse entre 3000-2000 a. C..
Descríbese como monólito de 1,92 m de altura, de gran simplicidade e forma cónica con gravados en ambas as dúas caras e numerosas fosetas e trazados sinxelos. Crese que non se asenta sobre o seu sitio orixinal e que foi trasladado aí (por motivos descoñecidos) en tempo inmemorial pois ten a base cortada, polo que seguramente aínda tiña máis altura. Foi descuberto en 1958 e por ser único nas súas características en Galicia e pola súa importancia foi escollido como elemento predominante no escudo do Concello.
Unha vez alí fixemos unha búsqueda do tesouro no que había 6 probas ben divertidas.
PROBAS | DESCRICIÓN |
PROBA 1 | Medir o menhir. |
PROBA2 | Recoller pedras pequenas e crear unha escultura rupestre. |
PROBA 3 | Resolver un xeroglífico |
PROBA 4 | Recoller 15 follas de eucalipto e disfrazar de cavernícola a un neno. |
PROBA 5 | Pintar a cara dun neno con algún produto natural. |
PROBA 6 | Resolver mensaxe misterioso. |
Os equipos gañadores conseguiron un TROFEO!!!! Ademais houbo diplomas para todos.
Neste vídeo veredes todos os detalles da súa visita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario