O 17 de maio, o día das Letras Galegas, é unha data consagrada á exaltación e promoción da literatura e a lingua galega. O poeta Manuel María é o homenaxeado este ano 2016.
Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político.
Coma aos alumnos de 2º lle gusta moito a poesía mergulláronse na obra do autor.
Leron varios poemas do seu libro " Os soños na gaiola", unha das primeiras obras do autor.
Ademais de ler os poemas, escoitalos, ilustralos e sentilos tamén elaboraron as súas propias producións a partir da obra do autor. Coas súas producións construíron un bonito mural e un libro de poemas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario