Os nenos e nenas de segundo entregáronlle a Miso, o encargado de comedor, uns menús elaborados por eles. A Minso parecéronlle que estaban moi ben, acordáranse de todo: da auga, a froita, dos produto lácteos, pescado...
Explicáronnos que antes de comezar co proxecto fixeron un análise do que sabían da alimentación e que querían saber.
Para comezar construíran unha pirámide alimenticia tendo en conta os grupos de alimentos e a si eran de consumo diario ou ocasional. Ao lado de cada grupo de alimentos de consumo diario apuntaron o número de tomas diarias que se debía facer de cada alimento: 2 ou 3 froitas ao día, 2 produto lácteos ao día... Mentres a facían déronse conta de que canto máis subía a pirámide baixaba o consumo e que no cumio da pirámide atopábanse os alimentos con máis graxa e menos saudables.
Cantas cousas había que ter en conta para facer un menú equilibrado.
Pero estes nenos con moito coidado e atención foron riscando os alimentos que tomaban no almorzo e na merenda e so quedaba cubrir a toma diaria que quedaba.
Deseñaron un cádrante como os do comedor e foron cubrindo para cada día un primeiro prato, un segundo prato, unha sobremesa, e todo isto sen esquecerse do pan e da auga .
Finalmente cos menús fixeron uns bonitos murais cos que decoraron a clase.
Finalmente cos menús fixeron uns bonitos murais cos que decoraron a clase.
Aquí vos deixo a relación da tarefa, actividades e exercicios que realizaron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario