Entrevista a Marta e Álvaro. Landete , Cuenca.
A clase de 5ªA fíxolle unha entrevista ao primo e a tía de Lía.
O seu primo Álvaro ten 6 anos e a tía, Marta, ten 40 anos.
Viven nunha vila pequena, chamada Landete, en Cuenca (Castela a Mancha).Nun piso moi acolledor.
O clima alí é duns invernos bastante fríos e uns veráns moi calorosos. En verán os veciños saen a rúa coas cadeiras e a televisión para ver o telexornal e o fútbol polo calor excesivo.
A súa comida típica é o Morteruelo e a súa bebida típica o licor Resolí.
En Cuenca hai moitos sitios por visitar, como a Cidade Encantada, que son unhas rochas con formas moi estrañas e divertidas localizadas en Val de Cabras, e as Cidades Colgantes, que son unhas casas á beira dunha montaña
.
A Marta e a Álvaro gústalles ir os fins de semana a descubrir lugares pola súa provincia e tamén por Valencia, porque lles queda preto, aínda que está noutra comunidade.
A provincia de Cuenca pertence á Comunidade Autónoma de Castela a Mancha.