martes, 4 de maio de 2021

AS PLANTAS DA CLASE

AS PLANTAS DA CLASE.

Os nenos e nenas de 5ªA estivemos estudando as plantas e ocorréusenos facer un proxecto no que plantamos as plantas para saber como medraban e que cambios sufrían:



Para isto precisamos:



1 vaso

sementes

terra

auga

luz solar



Nos plantamos lentellas, garbanzos, gladiolos, pementos vermellos, anís, manzanilla, fabón, paraguaio,claudias, guisantes,...

Deseguida comezaron a medrar.

Ao pasar unha semana comezaron a saír as raíces e o talo.

      



A primeira planta en sair foi a de Melisa (lentellas). Grazas as lentellas descubrimos que son os tropismos. Tempo despois foron crecendo os guisantes, as fabas, os gladiolos e os pementos.



A algunhas plantas saiulle mofo porque lles botamos moita auga e a outras non se sabe.

A planta mais grande e a da nosa compañeira Catuxa (gladiolos), que mide 33’5 cm.



Nos regabámolas os luns de cada semana.



E este foi o noso proxecto das plantas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario