venres, 3 de abril de 2020

Tortiñas de plátano

Sorprende un día a túa familia con este almorzo fácil, rico e saudable: 

                AS TORTIÑAS DE PLÁTANO.



Ingredientes para 8 tortiñas:
  •  2 plátanos maduros.
  •  1 ovo.
  •  50g de fariña.
  •  unha cullerada de mel.

Elaboración:

     1. Trocea os plátanos.

     2. Tritura todos os ingredientes co garfo ou pide axuda para facelo co batedor
         eléctrico.

Para os seguintes pasos necesitarás dun adulto:


    3. Unta unha tixola cun pouco de manteiga ou aceite.
    4. Verte un pouco de masa na tixola e cociña a tortiña polos dous lados.
    5. Acompáñaas cun vaso de leite con cacao e xa terás listo o almorzo.

Tamén podes volver a facer a receita das ORELLAS que elaboramos na clase. Aquí tedes o vídeo para recordalo:




Ningún comentario:

Publicar un comentario