-Billa, que é iso? - pregunteille.
-Pois resulta que hai un concurso no colexio no que temos que facer un pequeno relato coa palabra Billa.- responden.
- Pero non sabemos o que significa.- continúan- por iso imos buscar no dicionario.
E alí buscaron o que significaba esa palabra . Aquí di que unha billa é "un cano con chave para abrir ou pechar a saída dun líquido ou dun gas."
- Xa o entendo....
E como ides facer esas historia.
- Imos usar estas tarxetas para fabricar contos. Cada cor axúdanos a redactar unha parte do conto.
- Cartóns brancos: principios de contos.
- Cartóns amarelos: personaxes.
- Cartóns verdes: adxectivos.
- Cartóns rosas: lugares.
- Cartóns laranxas: obxectos que dan ideas para facer a nó da historia.
- Cartóns azuis: finais de contos.
E con estas tarxetas saíron historias moi boas. E para darlle unha boa presentación puxémolas nuns libros acordeóns....
Ningún comentario:
Publicar un comentario