xoves, 11 de xuño de 2015

Sacos de palabras

 Os nenos de primeiro fixeron uns sacos de palabras. Para iso primeiro  fixeron un debuxo dunha letra maiúscula e minúscula que lles dixo a profe. Sorprendeume unha cousa , hai moitos S e R... non sei o porque será...






 A profe explicoulle que a letra tiña fame , que lle deron de comer ? Palabras!

Escribiron palabras cunha letra que tiña moita fame, e a esa letra déronlle de comer palabras.

Mirade como escribiron as letras e como as rotularon.


















Derspois levaron a plastificar as palabras e recortáronas.

Despois estiveron cosendo cunha agulla que dixo a profe que non "pica" e que ben cosen!!!!!! 


 Despois graparon  o debuxo  no seu saco .
E finalmente quedaron así!

Que ben traballan estes nenos!
Os meus PARABÉNSSS!
(GRETA)

Ningún comentario:

Publicar un comentario