Eu teño que recoñecer que son unha mascota que lle gusta aprender, crear, investigar, ensinar e, por suposto, divertirme. E por que non recoñecelo...tamén son algo mandona.
Gústame estar nas aulas, axudando e mirando como traballan os nenos. Pero só son unha, e non me dou estirado para estar en catro aulas ao mesmo tempo.
As mestras deberon ler a miña mente porque un día cheguei á escola, e non podía crer o que vían os meus olliños azuis.
Pensei que ía ter que mercar unhas lentes.
Había catro de min. Unha para cada aula. Así non teño que andar a correr, nin perderme nada do que crean ou aprenden os rapaces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario